VISITAMOS STEAMLAB GALICIA

22 abril 2018


O pasado venres, os nenos e nenas de 5º e 6º do colexio, fomos ao Palacio de Congresos de Santiago para asistir á Feira educativa STEAMlab Galicia,  a maior de Galicia adicada a ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas.

Alí puidemos ver o traballo de 18 centros como o de CPI Atios (Valdoviño), o CIFP Ferroltera (Ferrol), o IES de Breamo (Pontedeume), o CEIP Ponte de Brozos (Arteixo), ... con robots, drones, prácticas 3D, programación, clubs de ciencia ou iniciativas vinculadas co espazo, entre outras. E tamen escoitar nin máis nin menos que a PEDRO DUQUE, o enxeñeiro aeronaútico e astronauta español da Axencia Espacial Europea (ESA) que foi o encargado de inaugurala.


Durante a súa intervención, Pedro Duque, comentounos un video da súa viaxe á estación espacial internacional e explicounos como cambiaron as cousas dende que el era pequeno afirmando que hoxe en día calquera sexa neno ou nena pode chegar a ser o que se propoña.


Tamén interveu o presidente da Xunta, Núñez Feijoo facendo referencia a un chío de Pedro Duque en Twitter no que contestaba a unha nai que preguntaba que tiña que facer a súa filla para ser astronauta. Falou de que é necesario facer unha carreira de ciencias, ser bo compañeiro, traballar en equipo, levar unha vida saudable e aprender idiomas.

Aquí vos deixamos algunhas fotos da xornada:

2 comentarios:

Anabel dixo...

Que visita tan interesante! Seguro que aprendestes un montón!
Feliz semana, Ana.
Biquiños.

Ana Martinez dixo...

Gustounos moitísimo, Anabel. O tempo fíxosenos moi curto. Moi boa semana. Unha aperta.