CHARLA SOBRE BEBIDAS AZUCARADAS E ENERXÉTICAS

25 abril 2018


O pasado martes, @s alumn@s de 5º e 6º de EP, recibimos a visita de Mª José, psicopedagoga do Concello de Fene, que nos veu a dar unha interesantísima charla sobre as bebidas azucaradas e enerxéticas.

Díxonos que tanto unhas como outras, non están recomendadas para nenos e nenas menores de 18 anos sobre todo pola gran cantidade de azucre que teñen:


E tamén das consecuencias que pode ocasionarnos tomalas como: caries, obesidade, diabetes, problemas renais,... Para que víramos un exemplo, púxenos este primeiro video sobre a coca cola e os dentes:


E tamén este onde se comparaba o azucre que contén unha coca cola zero e unha coca cola normal:


Ainda que a coca cola zero ten menos azucre, ainda sí, menuda cantidade de azucre teñen as dúas!

Tamén aprendimos que as bebidas enerxéticas conteñen sobre todo cafeína e taurina e que algúns dos efectos que producen se se toman de xeito abusivo son: dor de cabeza, falta de concentración,  insomnio, hiperactividade, nerviosismo,... e que polo tanto non é certo iso de que melloran o rendemento ou a concentración nin que se deben tomar despois de facer exercicio como nos din moitas veces na publicidade coma por exemplo neste video:


Para rematar, deunos unha receita casera para facer unha bebida isotónica con moito menos azucre que as que hai nas tendas e supermercados:


Estivemos todos moi atentos:




0 comentarios: