SAN SILVESTRE
O 20 de decembro celebramos no cole a I Carreira de San Silvestre. Nela participamos todos os alumnos/as, os mestres/as e as familias.
Para ver máis fotos da xornada, clicade na seguinte ligazón:
Etiquetas CURSO 2018/19, NADAL, SAN SILVESTRE
VISITAMOS ALVEDRO
O pasado 14 de decembro, os alumnos e alumnas de quinto e sexto, acompañados dos nosos compañeir@s de 1ºe 2º visitamos o parque de bombeiros do aeroporto de Alvedro en A Coruña. Foi moi divertido e aprendimos moitas cousas.
Podedes ver máis fotos da saída na páxina web do cole ou clicando no enlace de abaixo:
Etiquetas AEROPORTO, ALVEDRO, BOMBEIROS, CURSO 2018/19, SAÍDAS
VISITAMOS O BELÉN
Pola mañá fomos ao Belén da Casa das Palmeiras en Neda, unha excursión organizada pola ANPA do centro. A nós tocounos ir no segundo turno xunto cos nosos compañeiros e compañeiras de segundo, terceiro, cuarto e quinto.
Etiquetas CURSO 2018/19, NADAL, SAÍDAS
BRINQUEDOS NA CAPELA
Hoxe fomos de excursión ao colexio de A Capela para ver o seu museo de xoguetes tradicionais e xogar a distintos xogos populares.
Primeiro fixemos uns xoguiños de quecemento cos nosos anfitrións de terceiro e cuarto de educación primaria para romper o xeo como a cadea ou caldeiro (o xogo do stop). A continuación, dividímonos en seis grupos e fomos rotando polos distintos xogos:
- Tres en raia:
- A rá:
- Os zancos:
- O peón:
- Os aros:
Etiquetas CURSO 2018/19, EXCURSIÓNS
DÍA DA DISCAPACIDADE
Hoxe, día da discapacidade, tivemos a sorte de recibir no cole a visita de dúas persoas da Asociación de Xordos que nos realizaron un obradoiro con distintas actividades adaptadas aos distintos ciclos. Ensináronnos saúdos, números, nomes de cores, de animais, o alfabeto dactilóxico, aprendimos a dicir o noso nome... incluso fixemos unha sopa de letras!!!!!!
Aquí vos deixamos o alfabeto:
CINENSINO: "LA CHICA DORMIDA"
O venres viño a pedagoga do Concello de Fene, Mª José, para presentarnos a primeira proxección da película deste curso do programa de CINENSINO. Titulábase "La chica dormida" e entre outros temas trataba da pubertade e o acoso. A pesar de que era en inglés e que era subtitulada ao castelán, non nos resultou pesada para nada, ao contrario, gustounos moitísimo.
Aquí vos deixamos un tráiler da película:
Etiquetas CINENSINO, CURSO 2018/19
PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO
No centro, estamos a desenvolver un proxecto deportivo de centro, por iso hoxe, os alumnos e alumnas de sexto, fomos ao Pavillón Municipal de As Pontes para xogar ao Cópbol con outros nenos e nenas tamén de sexto, dos colexios Virxe do Mar, Ponte de Xuvia, Jorge Juan, Santiago Apóstol de Franza, Santa María, A Magdalena e A Fraga, estes tres últimos de As Pontes.
Etiquetas CURSO 2018/19, DEPORTES
CURSO DE PRIMEIROS AUXILIOS
O venres pasado, os nen@s de sexto, tivemos un pequeno curso de primeiros auxilios e D.E.A. xunto cos nosos compañeiros/as de terceiro de primaria grazas á Asociación de Buceo Medioambiental "Los Delfines" de Neda coa colaboración do doutor J.R. Couce.
Ao longo de tres sesións, aprendimos RCP (Reanimación Cardio Pulmonar) , como usar un desfibrilador semiautomático, que facer en caso de atragantamento, cal é a mellor posición para colocar a un ferido deixando libre as vías aéreas,... Quedounos moi clariño que en caso de urxencia debemos ter en conta estas tres iniciais: P A S: P de protexer, A de avisar e S de socorrer.
Aquí tedes algunhas imaxes da xornada:
25 N : Tod@s contra a Violencia de Xénero
Os nenos e nenas de quinto e sexto do CEIP de Maciñeira estamos en contra da Violencia de Xénero por iso, participamos nunha iniciativa que partiu do CEIP Aquilino Iglesia Alvariño de Abadín e dúas mestras do CEIP Manuel Mato Vizoso de Vilalba e o CEIP Santo Estevo de Parga respectivamente.
A iniciativa consistiu en facer un mural co paxariño de twitter e o hastag #EQUALITER poñendo as mans de cada neno/a en contra a violencia de xénero e gravando un video co slogan.
Esta foi a nosa participación individual:
FACEMOS A MAQUETA DUNHA CÉLULA
No tema 1 de Ciencias Naturais estivemos estudando a organización dos seres vivos e polo tanto a célula. Ademais de utilizar coma sempre os recursos do noso google sites:
Para que nos quedase todo moi clariño, decidimos facer xunto cos nosos compañeiros e compañeiras de sexto, a maqueta dunha célula utilizando un CD reciclado e seguindo este titorial que atopamos en internet:
Etiquetas CCNN, CÉLULA, CURSO 2018/19
IMOS AO TEATRO
O martes da semana pasada, os nenos e nenas de quinto e de sexto de primaria, fomos ao Pazo da Cultura de Narón a ver a obra de teatro "CRECER" do grupo asturiano Callejón del Gato.
"A historia xira ao redor de Adriana, unha adolescente de 16 anos que un día recibe un sobre cun DVD que lle manda o seu pai biolóxico. A partir de aí, comeza unha emocionante trama que nos fai pensar, rir e medrar".
Etiquetas CURSO 2018/19, TEATRO
MAGOSTO 2018
Etiquetas CURSO 2018/19, MAGOSTO
DÍA DO PEÓN
Hoxe celebramos o día do Peón no cole. Ao longo da semana, nas clases estivemos a decorar uns peóns pequeninos para montar o peón grande que decora a porta do centro e ademais uns peóns de madeira utilizando rotuladores:
E hoxe pola mañá, fomos por grupos ao patio cuberto A nós tocounos ir cuarto, quinto e sexto no mesmo grupo. Alí estaban algunhas nais e pais que nos ensinaron como poñer a corda, como agarralo e por suposto como bailalo. A algúns saiunos á primeira, outr@s bailáronos de cú e tamén houbo quen non foi capaz de bailalo pero ... sabedes que? Foi divertidísimo!!!!
Etiquetas CURSO 2018/19, DÍA DO PEÓN
PROXECTO DE ARTE: LEANDRO LAMAS
Este ano, o proxecto xeral de centro, promovido polos Equipos de Dinamización da Biblioteca e da Lingua Galega, xira en torno ao ARTE.
Hai uns días, chegounos unha nota á nosa clase. Era do Mago Macín, a mascota da nosa biblioteca. Nela, pedíasenos que polo Día da Biblioteca Escolar, escollésemos unha obra de arte e que inventásemos unha poesía relacionada con ela.
Nós, imos traballar o Arte a través da obra de Leandro Lamas, gran pintor de Neda e mestre de debuxo do noso centro.
Así que buscamos varias obras del relacionadas coa lectura, biblioteca, escola,... e votamos. Despois dunha reñidísima votación, a obra gañadora foi:
E xa coa obra elexida, puxémonos a darlle ao miolo para crear poesías e ... este foi o resultado:
Etiquetas CURSO 2018/19, PROXECTO ARTE