PABLO PICASSO E A PAZ

02 febreiro 2017


Continuando co proxecto de Picasso, e coa semana da Paz, outra das actividades que fixemos foi recrear o Foulard Serigrafiado para o Festival Mundial de estudantes pola Paz en 1951.

No foulard, podemos ver catro caras con diferentes tons de pel que representan as distintas razas e no medio delas, unha pomba da paz cunha ramiña de oliveira na boca, que nos parece que representa os desexos de paz no mundo.

Para facer as pombas,  utilizamos un lapis e un marcador negro, así que para recrear esta imaxe, quixemos utilizar unha técnica distinta, e pensamos en facelo tipo quebracabezas.

Cada rapaz e rapaza, mirando polo cadro orixinal que proxectamos na PDI, tivo que recortar e colocar as pezas do seu quebracabezas na orde e sentido correcto e despois recortar ou debuxar os detalles como ollos, cellas, ... Para finalizar, con témpera vermella, azul e amarela, fixeron o marco.

Así estaba todo preparado para comezar:


Algunha fotiña do proceso:


Montaxe feito con Photoscape

E aquí tedes o noso traballo final. A que é unha preciosidade?




QUE GRANDES ARTISTAS SON!

0 comentarios: