A MASCOTA DAS MACI OLIMPIADAS

06 febreiro 2017

Hai dúas semanas, ao entrar na clase, atopamos unha nova carta do mago Macín a mascota da nosa biblioteca, enriba da mesa de Adrián.



Queredes saber o que dicía?


Na carta, Macín, pedíanos que debuxásemos  unha mascota e  que lle puxéramos nome. E que entre todas as debuxadas, votaríase para elexir a MASCOTA que representaría as nosas  MACI OLIMPIADAS.

Estas son as mascotas que fixemos nós:


O venres desa semana, cada clase, nombrou un encargado e foi á Biblioteca acompañada do seu titor, a votar para que ver mascota saía elexida. Na nosa clase o encargado foi Miguel porque xa lle tocaba ser ese día por orde de lista:


E a mascota gañadora que nos vai a representar nas MACIOLIMPIADAS,finalmente foi ... GERUSO de Enma da clase de 2º de Educación Primaria. NORABOA, ENMA!


Aquí podedes vela mellor:


GÚSTAVOS?

0 comentarios: