FELIZ NOITE DE SAMAÍN!!!!

31 outubro 2016


Moi feliz e terrorífica noite de Samaín a tod@s!!!!

Nestes días, subiremos ao blog todas as manualidades que fixemos para o Samaín, así como as fotos do taller de cociña que fixemos cos nosos compañeir@s de  terceiro e por suposto, as fotos do taller de maquillaxe e do túnel do medo que unha vez máis organizaron dende a ANPA. Que gran sorte temos de poder contar cunha ANPA tan colaborativa!!! Graciñas a tod@s!

OS SERES VIVOS E AS PLANTAS

Para repasar para o control de Ciencias Naturais do mércores, déixovos este libro lim que preparei con teoría e actividades sobre o mesmo. Espero que vos resulte útil.


http://www.chiscos.net/xestor/chs/anamartinez/seres_vivos_e_plantas/seres_vivos_e_plantas.html

Facendo clic arriba á dereita, no icono rectangular, poderedes poñelo a pantalla completa.

SEGUNDA CARTA DO MAGO MACÍN

25 outubro 2016

O venres da semana pasada, recibimos unha nova carta de Macín. Esta vez, apareceu enriba da mesa de Carmen, e ela foi a encargada de lela a tod@s:


Na carta, Macín dábanos as grazas por todas as nosas respostas e contábanos que para aprender moitísimas cousas sobre as Olimpiadas, todo o colexio iamos facer un proxecto sobre as mesmas. Ademas, dicía que para investigar máis a fondo, a cada clase lle tocaba buscar información sobre un deporte en particular. E a nós tocounos....O ESGRIMA!!!!!!



Así que nos próximos días poñerémonos mans a obra. Pero antes, cada curso ten que inventar unha bandeira e un lema que os represente durante as olimpiadas. Manterémosvos informados.

REMATA O DEBUXO

19 outubro 2016

(Podedes descargar de xeito gratuito a plantilla clicando na imaxe)
Idea orixinal de Michael do blog Who´s who and news

Na primeira ficha de Plástica, a profe deunos unha ficha que atopou en internet en inglés e que traduciu ao castelán, na que só había dous trazos: unha línea curva hacia arriba e unha espiral. Pediunos que a partir delas, fixeramos un debuxo e esto foi o que saíu:

ENMA:  Un caracol subindo por unha escaleira.


ADRIÁN: Un elefante.


AINOA: Un vampiro.


SHEILA: Unha mazá.


MIGUEL:Un globo.


PAZ: Unha rapaza.


AITANA: Un río.


YAGO: Unha cara triste.


ALBA: Unha cara dunha rapariga.


CARMEN: Unha carroza.


GÚSTANVOS? A QUE SOMOS MOI CREATIVOS?

NOVO PROXECTO: AS MACI OLIMPIADAS

17 outubro 2016


O luns, cando voltamos do recreo, había unha mensaxe enriba da mesa de Paz. Todos estabamos moi intrigados. A propia Paz, foi a encargada de lela.


 Era unha mensaxe de Macín, o mago mascota da nosa biblioteca. Nela dicíanos que este verán estivo viaxando moito e que nunha destas viaxes parou nun sitio chamado Río de Xaneiro, no Brasil, onde estaban a realizar unha cousa moi estraña chamada "Olimpiadas".


Macín, pedíanos a nosa colaboración, para que nun papel, lle escribíramos o que eran para nós as Olimpiadas porque el non o sabía.

Isto é o que lle repostamos:

Fai clic enriba da imaxe para vela a maior tamaño

Deixaranos Macín outra mensaxe? Estaremos moi atentos.

EXCURSIÓN ÁS FRAGAS DO EUME

15 outubro 2016


O xoves da semana pasada, fomos cos nosos compañeiros e compañeiras de terceiro de primaria, de excursión ás Fragas do Eume.

Foi unha saída moi instructiva e divertida. Chegamos alí sobre as dez e media da mañá e xa estaban esperándonos os dous guías, Rubianes e Kevin.

Pola mañá, fixemos unha ruta de senderismo ata un mirador dende o cal vimos unhas vistas impresionantes do río e da Fraga.



Despois unha paradiña para comer e recuperar forzas:


E pola tarde .... o que todos estabamos esperando: OS KAYAK. Despois dunha pequena explicación de como se remaba e como tiñamos que facer para xirar, por fin todos montamos nos kayak profes incluidas.

Como as profes tamén tiveron que remar, non poideron deixar moita constancia gráfica desta fantástica aventura tan só estas poucas fotos:



XA REMATEI. QUE FAGO AGORA?

13 outubro 2016


Na nosa clase, se rematamos axiña a tarefa proposta, imos ao bote de XA REMATEI. QUE FAGO AGORA? e vemos que nos tocou. Nel temos actividades tanto de lingua como de matemáticas, fichas para traballar a creatividade, a atención,... Entre elas:

De lingua:

- Describir a súa nai/pai
- Escribir unha carta a un amigo/a
- Inventar un poema / conto
- Facer unha lista de adxectivos
- Resolver crucigramas
- Resolver sopas de letras
- Ler un libro


De matemáticas:

- Xogar co tangram
- Facer un puzzle
- Inventar sumas /restas /multiplicacións
- Escribir a tabla do ...
- Resolver operacións
- Facer series
- Seguir laberintos
- Facer figuras xeométricas co xeoplano


De atención:

- Buscar diferencias

Tamén nos poden aparecer outras tarxetas como:

- Axudar a un compañeiro
- Ordenar a biblioteca de aula
- Vaciar a papeleira do papel


Case todas as fichas están plastificadas e gardadas nun clasificador para que poidamos facelas máis de un de nós cos rotuladores da pizarra blanca. Gústanos moitísimo ir ao bote a ver que nos toca e vémolo como un xogo.


Estas son algunhas das plantillas que utilizamos:

 - Para as cartas:

 - Para os debuxos:
 - Para as descricións:

 - Para as historias:
- Para os poemas:

MARCAPÁXINAS

11 outubro 2016



E estes son os marcapáxinas dos que vos falabamos na entrada anterior, que fixemos para a nosa biblioteca de aula:




GÚSTANVOS?

RECUNCHO DA BIBLIOTECA

09 outubro 2016


Hoxe queremos amosaros a nosa BIBLIOTECA DE AULA.





As normas para utilizala son as mesmas que en anos anteriores:


E tamén o lectómetro que este ano mudou a cor para azul:


Seguimos a utilizar esta ficha para apuntar os libros:


Pero este ano mudamos a portada do noso diario de lecturas. Temos dúas onde escoller:


Tamén levamos a cabo un servizo de préstamos a domicilio:


E outra novidade máis, é que este ano ademais temos un pequeno diario de lecturas, tipo pasaporte, onde imos cuñando todos os libros que lemos. E o que consiga todos os cuños ....


Tamén fixemos uns bonitos marcapáxinas pero eses .... amosarémovolos na próxima entrada.