AS MACI OLIMPIADAS: BANDEIRA E LEMA

Como xa vos informamos na derradeira entrada do proxecto das Maci Olimpiadas, o deporte sobre o que nos tocou investigar foi o ESGRIMA.

O seguinte paso, foi inventar un lema e unha bandeira para a nosa clase que nos representase, que podía ser tanto sobre o deporte e as olimpiadas en xeral, como na esgrima en particular.

Primeiro tiñamos que elexir un lema. Para iso, trouxemos da casa, un ou máis lemas inventados, que a profe escribiu na pizarra. A continuación cada un de nós, votou os dous que máis lle gustaron e estes foron os resultados da votación:

ENMA: Se che gusta o esgrima, apúntate coa túa prima. III

ADRIÁN: Asómate ao mundo da espada.

ALBA: Se fas deporte, serás máis forte. I

YAGO: Fai esgrima e terás un gran desafogo.

PAZ: Para ter autoestima, fai esgrima.I
          As olimpiadas non teñen paradas.
          Para ser un campión, fai exercicio a mogollón.I
          Nas olimpiadas todos somos campións. II
          A esgrima é unha rima. I

AINOA: Ven a facer esgrima, divertiraste moito.

CARMEN: Se che gusta o esgrima, come mandarina. III

SHEILA: Se queres aprender esgrima, colle a espada e ven connosco. I

MIGUEL: Non deas grima e fai esgrima.IIIII

Fixemos unha segunda volta, cos tres lemas que obtiveron máis puntuación que foron os de Enma, Carmen e Miguel. Nesta segunda volta, voltou a gañar o lema de Miguel que foi o que eleximos finalmente:

"NON DEAS GRIMA E FAI ESGRIMA"

Unha vez elexido o lema, quedábanos por inventar a nosa bandeira. Cada un deu a súa opinión sobre como quería que fose. Primeiro se iamos poñer persoas facendo esgrima ou tan só as espadas, que iamos poñer de fondo,... Pouco a pouco a idea da nosa bandeira ía debuxándose cando de repente todo deu a volta. Alguén suxeriu facer a Bob Esponja facendo esgrima e a partir de aí entre todos decidiron que máis ía ter.

Queredes ver o resultado? Pois aquí o tedes. Esta é a nosa bandeira na que colaboramos todos:


O 24 de outubro, día das Bibliotecas Escolares, o equipo da Biblioteca colgou na entrada do colexio, un mural coa resposta de todos á pregunta: QUE SON PARA TI AS OLIMPIADAS? e coas bandeiras de todas as clases. Quedou unha preciosidade.


GÚSTAVOS?

btemplates