APRENDEMOS A UTILIZAR O POWER POINT: FROITA ARREDOR DO MUNDO


No cuarto reto do concurso, "Froita un botín saboroso" coñecimos distintas froitas do mundo como mango, papaya, aguacate, lima e por suposto o kiwi. Repartimos este cuarto reto en dúas sesións.

1º SESIÓN: CAIXAS DE SENTIR E MACEDONIA VERANIEGA: Nesta primeira sesión utilizamos os nosos sentidos para recoñecer e coñecer distintos  tipos de froita. Dividímonos en cinco grupos de dous alumnos/as en cada grupo. A profe deunos a cada grupo unha caixa marcada cun número na que había un recipiente con froita troceada. Cada un de nós, tiñamos que meter a man, coller un pedaciño, ulilo, tocalo e/ou saborealo e ademais cubrir unha ficha frutal co que experimentamos coa froita en cuestión:


A continuación en grupo, preparamos unha rica macedonia veraniega:

MACEDONIA VERANIEGA


2º SESIÓN: TRABALLOS E EXPOSICIÓN SOBRE FROITAS. Na segunda sesión fomos á aula de informática, alí buscamos información sobre a froita que nos tocou e con esa información fixemos unha presentación en power point que despois ensinamos aos nosos compañeiros e compañeiras.


Así nos quedaron as nosas presentacións:






Aprendimos moitísimas cousas sobre estas froitas tropicais!

btemplates