FELIZ SAMÁIN ou HALLOWEEN!!!!!!

31 outubro 2015

24 DE OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES. INVENTAMOS UN LEMA

26 outubro 2015

Imaxe do ilustrador Fran Bueno

"Biblioteca escolar, base de exploracións", e o lema elexido este curso para o cartel da campaña anual de bibliotecas escolares da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. 

Elexiuse este lema, porque chama a traballar coa información, convida a explorar o mundo e a compartir o aprendido. Ofrécenos unha visión das  bibliotecas escolares como bases de exploración tanto persoal como colectiva, como inicio de viaxes reais ou imaxinarias, como espazo de encontro consigo mesmo e cos outros.

No noso centro, para celebrar este día, o equipo da Biblioteca en colaboración co Equipo de Normalización Lingüística, organizou unha exposición de carteis con lemas inventados relacionados coa Biblioteca como Base de Exploracións.

Na nosa clase, cada un inventou un lema (a profe incluída). Escribímolos na pizarra, e sometímolos a votación: 

1.- Ler e explorar na biblioteca escolar. I

2.- A mellor aventura que podas imaxinar, na biblioteca vala atopar. I

3.- Ao ler, moitas boas aventuras vas a ter.

4.- Na biblioteca vas a explorar, os libros que atoparás.

5.- Se cada día les un libro, un incrible mundo poderás explorar.I

6.- Na biblioteca os libros explorarás, e se non o fas triste quedarás. II

7.- Á biblioteca irás e libros atopás, e con eles novos mundos explorarás.I

8.- Leo moitos libros, algúns de medo, outros de risa e todos para explorar cada día.II

9.- Se che gusta a aventura, na biblioteca busca unhas boas lecturas.I

10.- Nun país multicolor brilla a biblioteca Maciñeira baixo o sol. Xente de todo o mundo, ven de París ou de Madrid, para ler, disfrutar e coa lectura explorar.

11.- Tanto na Terra como na Lúa, disfruta dunha boa lectura. II

Como podedes observar, nesta primeira votación houbo un triple empate entre o 6, o 8 e o 11. Así que houbo que desempatar. E nunha segunda votación, con seis puntos, o lema gañador foi o de Sara Fernández:

" NA BIBLIOTECA OS LIBROS EXPLORARÁS
E SE NON O FAS TRISTE QUEDARÁS"

A continuación, coas aportacións de todos, fixemos o noso cartel para a exposición que nos quedou así de ben. Non credes?

UNHA HISTORIA OBRIGADA: "SEGUNDA PARTE"

21 outubro 2015


Como o prometido é débeda, aquí temos a segunda parte da nosa actividade: "UNHA HISTORIA OBRIGADA". Se alguén non lembra o non viu a primeira parte, que clique no seguinte enlace:


Pois ben, como iamos dicindo, na seguinte sesión do noso taller de escritura creativa, voltamos a inventar unha historia, pero esta vez con más tempo e por escrito.

Primeiro, a profe escribiu en tiras de folios de cor LARANXA, o nome de personaxes coñecidos por nós como: Ronaldo, Piqué, Abrahám Mateo, Shakira, Mortadelo, Filemón, Piolín, o rei Felipe, o Presidente do Goberno Mariano Rajoy, Pau Gassol, Fernando Alonso, ... En tiras de cor AZUL o nome de distintos escenarios como: unha pirámide, un cemiterio, China, Méjico, unha montaña, un lago, un parque de atraccións, a praia, un parque, ... E por último en tiras de cor VERDE, tres adxectivos en cada tira. 

Puxoas tiras en tres recipientes. Cada un de nós tiña que coller unha tira de cada cor,


e escribir con elas unha historia curta na que aparecesen todas as palabras das tiras; que tivese  un principio, un nó e un final e ademais un título.


 E xa para rematar, tiñamos que facer un debuxo para ilustrala. Como vedes unha actividade moi completa.

Despois de todo este traballo, que nos levou á maioría, dúas sesións, xa vos podemos  amosar o ben que o fixemos:

LÁMINA 1 DE PLÁSTICA: ÁRBORE DE OUTONO

19 outubro 2015

A nosa primeira lámina de plástica consistiu en facer unha árbore que vimos en Pinterest. Ademais de servirnos para traballar o uso do compás, da regra, as medidas, as cores cálidas, as cores frías, tamén nos serviu para traballar a nosa creatividade. Así é como o fixemos:


1º)  Debuxamos un círculo de 7cm de radio nunha folla do noso blog de debuxo:


2º) Medimos coa regra e dividimos a lámina en cadradiños de 3cm :


3º) Dentro do círculo debuxamos as ramas dunha árbore que continuamos hacia abaixo co tronco. Despois a repasamos con rotulador permanente negro e a decoramos por dentro como máis nos gustou:


4º) Xa para rematar, utilizamos cores cálidas como o vermello, laranxa, amarelo, ... para pintar os cadrados de dentro do círculo e cores frías como os azuis e os verdes para pintar os cadrados de fóra:


5º) E aquí tedes o resultado final.  Falta o de Sara M que pronto vos amosaremos tamén. Gústavos:




A QUEN SOMOS UNS GRANDES ARTISTAS? NON SI?

FROITA UN BOTÍN SABOROSO: PRIMEIRO DESAFÍO CONSEGUIDO

13 outubro 2015



Este ano participamos no proxecto-concurso: "Froita, un botín saboroso", unha iniciativa que ten como obxectivo ensinar aos nosos alumnos/as  dun xeito lúdico e didáctico os beneficios da fruta e dunha dieta sa e equilibrada. Está pensado para nenos e nenas de idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos. Para participar, temos que asumir un total de cinco desafíos cos que podemos coñecer distintos tipos de froita e os seus beneficios.


O PRIMEIRO DESAFÍO consistiu nunha actividade de movemento e descubremento. Trátouse de que o alumnado tomase contacto co proxecto a través dunha actividade de PUZZLE divertida que tiveron que cumplimentar en forma dunha CARREIRA DE RELEVOS.

Así que en colaboración co profesor de Educación Física, Fran, montamos unha carreira de relevos en forma de circuito con dous equipos, o equipo vermello e o equipo azul. Cada membro do equipo tiña que percorrer o circuito, coller unha peza do puzzle e deixala na mesa correspondente. Nese momento podía saír o seguinte. Ao final, entre todos os membros do equipo, tiñan que facer o puzzle de cuarenta pezas e pegalo na portada do que vai ser o xornal de clase.

 Ollade que ben o fixemos e que ben o pasamos:

- Na carreira de relevos:


- Montando o puzzle o equipo vermello:


- E por suposto o equipo azul:




Este é un pequeno video do noso reto:


Por superar o reto, conseguimos un personaje-kiwi, "O KIWI MAESTRO" en tamaño grande para o noso cartel de clase:


E tamén o mesmo pero en tamaño pequeno para a nosa cartilla individual:

EDUCACIÓN EN VALORES: CURTO "A OVELLA PELADA"

12 outubro 2015


Na clase de valores imos ver unha serie de curtametraxes para traballar a autoestima, a confianza, a amizade, o respecto cara os demais, a non ser egoista, a tolerancia, a solidariedade, ...

Comezamos co curto de Pixar, "LA OVEJA PELADA". 


Despois de visionar o curto, estas foron as conclusións as que chegaron Borja e Sergio Sosa sobre o mesmo:

BORJA: Eu saquei a conclusión que ninguén se pode deprimir polas cousas malas que lle pasen e que hai que estar sempre animado.

SERGIO SOSA: Para min, o que quere dicir é que hai que ser amigo de todas as persoas sexan da cor que sexan é dicir sexan como sexan por fóra.

E os demais, a que conclusións chegáchedes?

Deixade se queredes un comentario na entrada para que podamos coñecer tamén as vosas conclusións sobre o mesmo.

UNHA HISTORIA "OBRIGADA": 1º PARTE

09 outubro 2015


Continuando, co noso taller de escritura creativa dos luns, na seguinte sesión fixemos unha historia "obrigada". A idea orixinal, vímola nun Taller de Escritura Creativa que atopamos por internet.

Como actividade previa, comezamos cunha minihistoria oral. Agrupámonos en parellas e a profe nos repartiu a cada un dous papeliños de distinta cor. Nun deles tiñamos que escribir o noso nome e no outro, o nome dun lugar que nos gustaría visitar. A continuación,  tivemos cinco minutos para preparar un miniconto de xeito oral (SEN ESCRIBIR NADA) onde os protagonistas fósemos nós e no que tiñan que aparecer os nomes dos dous lugares que escribimos.


collage feito con PHOTOMONTAGER

A continuación, tivemos que contar o noso conto, de xeito improvisado, ao resto da clase procurando que tivese unha PRESENTACIÓN, un NÓ e un DESENLACE.

 Así nos quedaron as nosas historias improvisadas:


Creo que despois de vernos, quedounos clariño que non debemos repetir tanto a palabra ENTONCES.

Despois disto, comezamos a segunda parte da actividade pero ... esa contáremola máis adiante noutra entrada cando xa todos a teñamos rematada.

ESTUDANDO OS ECOSISTEMAS: FACEMOS UN ACUARIO

05 outubro 2015

Ao igual que o ano pasado, este ano fixemos unha saída á Lagoa da Frouxeira para observar en vivo e en directo como é un ecosistema intermareal. O profe de Ciencias Naturais, Antonio, explicounos a flora e a fauna que estabamos a ver como cardos, carrizos, xuncos negros, patos, ...



Despois marchamos para a praia de Meirás. Nada máis chegar cambiamos o calzado, e baixamos á praia para coller auga salgada nas pozas:


A continuación fixemos unha pequena paradiña para merendar:


E xa coas pilas ben cargadiñas, fomos a outra zona da praia de Meirás a buscar moluscos, crustáceos, peixes ,... nas pozas e debaixo das pedras:


Xa de volta ao colexio, baleiramos no acuario a auga e as especies mariñas que atopamos,


Ollade, ollade o bonito que nos quedou:


Aquí vos deixamos todas as fotos que sacamos durante a saída:

OBRADOIRO DE ESCRITURA CREATIVA: CARTEL DE "SE BUSCA"

01 outubro 2015


Este ano, en sexto, temos unha hora de libre configuración na que  imos facer un OBRADOIRO DE LINGUA enfocado hacia a escritura creativa.

Na primeira sesión, comezamos facendo un cartel de "SE BUSCA" que vimos no blog EL LAPICERO MÁGICO de Isabel Bermejo.

Así nos quedou:



Esta mesma actividade podemos facela utilizando diferentes  recursos TIC. Aquí vos propoño unhas cantas ideas por si queredes probar en casa.

- Coa APP, WANTED POSTER MAKER, válida para IPAD,IPHONE e ANDROID que é gratuita e nos permite elexir tanto o texto como a imaxe que queremos utilizar e que ten a vantaxe que todo pode estar escrito na lingua que prefiramos:


- Na páxina de GLASSGIANT, podemos facer un cartel similar no que  podemos cambiar o nome da persoa ou persoas buscadas, o motivo polo que se lles busca e tamén a cantidade de recompensa.


- Noutras páxinas como FOTOEFECTOS ou IMAGE CHEF con só subir unha foto podemos facer un cartel ao instante. A primeira  só permite engadir foto e a segunda deixa ademais engadir o nome:




 ANIMÁDESVOS E  AMOSADESME O RESULTADO?