DESEXAMOS ...

31 decembro 2014


ESCRITURA BÓLA DE NEVE DE NADAL

23 decembro 2014

A nosa terceira colaboración para o proxecto " PaLaBraS AzuLeS ", foi escribir unha historia colectiva relacionada co Nadal. Trátase dun xeito divertido de que os nosos estudiantes escriban colaborativamente.


INSTRUCCIÓNS

1º) Repartimos a cada alumn@ unha ficha cunha imaxe de Nadal diferente. Deben observar a fotografía e pensar unha historia que lles suxira. Lembramos que hai que pensar nos personaxes, o escenario, os conflictos que poidan xurdir,... Este primeiro escritor é o encargado de poñer en marcha a historia. Deixamos aproximadamente quince minutos para esta fase.

2º) A continuación cada estudante engurra a súa ficha como se fose unha bóla de neve e lánzaa á parte dianteira da clase. Todos se levantan e cada un colle unha bola de neve que non sexa a súa regresando ao seu pupitre.

3º) Alisan con coidado o papel, observan a imaxe e len o escrito ata agora. Este segundo escritor durante outros quince minutos, debe continuar a historia onde a deixou o primeiro engadido máis información sobre o personaxe, introducindo novos personaxes, novos conflictos,...

4º) Facemos o mesmo unha segunda vez. O terceiro escritor debe unir os cabos e rematar a historia.


5º) Para finalizar, devólvese ao escritor orixinal para que a revise e adapte, é dicir para que "a faga súa" e a  "pase a limpo" ilustrándoa se quere. Cando estea lista pode lela ao resto dos seus compañeiros.


Estas son as plantillas que utilizamos nós:


Bo Nadal!

20 decembro 2014

Con esta tarxeta queremos desexarvos a todos e todas que visitades este blogue un Bo Nadal no que disfrutedes da compaña de familiares e amigos.

feito con Getloupe

Ademais queremos amosaros as preciosas tarxetas que fixemos para levar a casa:










E os portavelas en dourado ou prateado, para poñer na mesa de Nadal:


A NOSA ÁRBORE DE NADAL

15 decembro 2014

Levamos dende outubro xuntando e pintando de verde, cartóns de papel hixiénico, papel de cociña, papel albal, ...... coa axuda de outros nenos do cole, para poder preparar unha árbore de Nadal que decore a entrada principal. Ainda que todavía lle faltan por poñer algunha que outra estreliña, por fin vola podemos amosar:



Se queredes saber como se fai a estrela de arriba, clicade na imaxe:


E o mesmo se queredes aprender a facer as estrelas finlandesas:


Que vos parece a nosa árbore?

FACEMOS ESTRELIÑAS DE NADAL

12 decembro 2014

Ollade que bonitas quedaron outras dúas das nosas ventás, con estas estreliñas que fixemos con papel de seda:



Para facela, cada un tivo que seguir as instruccións que viñan no papel que se lles entregou:


Gústanvos? Poi si queredes probar a facelas vos deixamos as instruccións que seguimos nós e que atopamos AQUÍ:




Concurso: "Os nosos portos"

10 decembro 2014

Participamos no concurso de debuxo infantil "Os nosos portos" que puxo en marcha a Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao para alumnos de quinto e sexto de Educación Primaria da zona de Ferrolterra, Eume, Ortegal e A Mariña, co fin de achegar as súas actividades aos máis xóvenes e implicar aos alumnos a través dos centros docentes.


Estes son os nosos debuxos:

Íker: "As grúas do porto de Ferrol"

Estela:"Pescando á beira do faro"

Sara Montagut: "Vista desde o porto"

Sergio:"Cargando o barco"

Yanira:"A chegada ao porto"

Laura:"Saíndo do porto"

Borja: "Mantén limpo o teu porto"

Manuel: "Pescando na ría"

Sara Fernández:"Un día de praia"

ADORNAMOS AlGUNHAS VENTÁS CON FLORES DE PASCUA

08 decembro 2014



Continuamos adornando a nosa clase con cousiñas de Nadal. Este venres na clase de plástica, tocoulle o turno a dúas das ventás . Para que quedasen ben bonitas, fixemos unhas árbores simétricas de Nadal en distintos tonos de verde e unhas fermosas flores de Pascua que vimos na páxina de Origami-club.com.

Por si queredes aprender a facelas, vos deixamos esta animación que atopamos tamén en Origami-club. Hai que darlle a START para empezar:



Ou si o preferides esta imaxe da mesma fonte:


Así de ben traballamos nós e así de ben quedaron as dúas ventás:


Que vós parece?

3 de decembro: XORNADA DE CONVIVENCIA

04 decembro 2014


O 3 de decembro, celebrouse o Día Internacional das Persoas con Discapacidade co obxectivo de chamar a atención e mobilizar apoios para aspectos clave relativos á inclusión de persoas con discapacidade na sociedade e no desenvolvemento. 

No noso centro estamos moi concenciados con este tema, así que aproveitamos esta data para invitar aos alumnos do CEE Terra de Ferrol, a vir ao noso cole para disfrutar dunha gran xornada de convivencia.

Foi unha experiencia fantástica. Chegaron sobre as once. Os alumnos de cuarto e quinto, fomos á aula de informática con eles e alí foron presentándose un a un e faláronnos das cousas que facían no seu centro. Amosáronnos unha película para que poidésemos ver as instalacións do seu colexio, como traballaban e as bonitas cousas que facían. Antes de saír para o recreo, algúns alumnos de terceiro quixéronlles facer unha demostración do baile que van a facer no festival de Nadal coa teacher de inglés Uxía.

A continuación disfrutamos dun recreo no que xogamos todos xuntos. Antes de finalizar a visita, visitamos á sala de radio e alí dous dos nosos alumnos, Alberto de sexto e Celtia de terceiro, lles fixeron unha entrevista que proximamente vos amosaremos. Ollade algunhas das fotos deste día:



FOI UNHA GRAN EXPERIENCIA!
 Moitísimas grazas chic@s pola vosa visita.

Ademáis , tamén montamos este video coas nosas voces, do conto "Mimi y la jirafa azul" da Editorial Salvatella que nos fala dunha xirafa á que lle nace un irmanciño con discapacidade:



GÚSTAVOS?

COMEZA O MES DE NADAL

02 decembro 2014

Esta semana comezamos xa o mes de Nadal. Na nosa clase empezamos a traballar pouquiño a pouco este tema.

Comezamos poñendo na porta a conta atrás dos días que nos faltan para que chegue o día de Nadal:

E inventando e ilustrando uns eslogans para a Biblioteca do noso centro. O mellor eslogan se utilizará para facer un calendario co que se agasallará a toda a comunidade educativa. Estes son os nosos eslogans:

 Borja

Estela

Íker

Laura

Manuel

Sara F.

Sara M.

Sergio

Yanira

BOAS LECTURAS PARA TOD@S!