CALENDARIO
A estas alturas, faltábanos por ensinarvos, o bonito calendario que temos na clase, ilustrado con imaxes de deportes olímpicos. As clases do segundo e terceiro ciclo tiñan que aportar dous debuxos e as de infantil e primeiro ciclo, un debuxo cada unha.
Nalgunhas clases, elexiuse por votación o debuxo de que rapaz ía ilustrar o calendario, pero nós, preferimos facer DOUS DEBUXOS COLECTIVOS para que todos puidésemos participar no mesmo.
Ollade que bonito é:
Etiquetas CURSO 2016/17, PROXECTO OLIMPIADAS
ORDES DO MECO DÍA 3
E chegamos ao terceiro día das ordes do Meco. Hoxe tiñamos que traer algo colorido e elegante na cabeza, algunha prenda do revés e algo que fixese ... MOITO RUÍDOOOOOOOOOOOOO!!!!!!!
Etiquetas CURSO 2016/17, ENTROIDO, ORDES DO MECO
ORDES DO MECO DÍA 2
Seguindo as ordes do Meco, hoxe tiñamos que vir con algo na cabeza colorido e elegante como onte pero ademais cunha prenda do revés, por encima, do diante para atrás, ... E como podedes ver, absolutamente todos o cumprimos, ata a profe que viña coa camisa do revés!!!!!!
Onte Marshall, prometeunos que se todos viñamos así, traería a súa mangueira para mollarnos e nos mollou claro:
E que temos que levar mañá?
Etiquetas CURSO 2016/17, ENTROIDO, ORDES DO MECO
ORDES DO MECO DÍA 1
Lembrades que o MECO onte ordenounos que hoxe tiñamos que traer a cabeza colorida e elegante? Pois ben, todos cumprimos o mandato. Non o credes? Ollade, ollade:
E como podedes ver , fixémolo tan ben, que ademais de recibir a visita da deportista de onte, hoxe pasou a visitarnos ... MARSHALL da PATRULLA CANINA en persoa, montando no seu coche de bombeiros e por suposto, todos quixemos quitar unha foto con el.
Marshall, aproveitou a visita para dicirnos a orde para mañá:
Etiquetas CURSO 2016/17, ENTROIDO, ORDES DO MECO
ENTROIDO 2017: ÓRDENES DO MECO
Hoxe, cando chegamos ao cole, encontrámonos nin máis nin menos que coa PATRULLA CANINA (feito unha vez máis polas mamás e papás tan traballador@s que temos na ANPA) ,que nos vai a acompañar nas MACIOLIMPIADAS, que é a temática elexida este ano para o noso disfrace por mor do proxecto que estamos a facer dende a biblioteca das OLIMPÍADAS.
Ademais, a primeira hora, cando estabamos en clase de Lingua Galega, tivemos unha visita inesperada. Veu a visitarnos, nin máis nin menos, que unha deportista chegada do lonxano monte Olimpo en Grecia, para dicirnos que tiñamos que traer mañá:
Así que xa sabedes rapaces e rapazas, mañá todos con algo COLORIDO e ELEGANTE na CABEZA.
Etiquetas CURSO 2016/17, ENTROIDO, ORDES DO MECO
O APARATO RESPIRATORIO: FABRICAMOS UN PULMÓN ARTIFICIAL
E este de Óscar Alonso do fabuloso blog La Eduteca:
Con eles, e unha maqueta que fixo a profe aprendimos cales eran as partes do aparato respiratorio. Observamos que as palliñas representaban os bronquios, os dous globos os pulmóns, a botella a capacidade torácica e o globo de abaixo o diagragma. E tamén que se tirabamos do globo cara abaixo os globos inchábanse un pouquiño simulando a INSPIRACIÓN e que se faciamos o contrario, os globos desinchábanse simulando a ESPIRACIÓN.
Para que non se nos olvidasen cales eran as partes do aparato respiratorio, debuxámolas na libreta:
A maqueta da profe gustounos moito, así que nós tamén quixemos facer unha. Por iso, na segunda sesión fabricamos este sinxelo pulmón artificial para experimentar como era o proceso da respiración.
| ||
|
Etiquetas CIENCIAS NATURAIS, CURSO 2016/17
QUE É PARA TI A AMIZADE?
Etiquetas CURSO 2016/17, DÍA DA AMIZADE, SAN VALENTÍN
O RETO DA MILLA
Etiquetas CURSO 2016/17, HÁBITOS SAUDABLES
OS ALIMENTOS E O APARATO DIXESTIVO
Para lembrar que alimento formaba parte de cada grupo, fixemos unha roda dos alimentos con imaxes que atopamos en folletos de supermercados:
Despois pegámola nunha cartolina, recortámola e por detrás de cada grupo puxemos o seu nome, os nutrientes que contiña e que nos aportaba.
Nós deixamos a portada exactamente igual pero traducida ao galego e cambiamos a imaxe de dentro por outra que atopamos en internet.
Estas son as plantillas que utilizamos nós:
E por se alguén quere saber o texto que puxemos:
Para seguir aprendendo , aquí tedes unha selección de recursos:
|
||
|
|
|
| ||
| ||
|
Etiquetas CIENCIAS NATURAIS, CURSO 2016/17