CELEBRAMOS O DÍA INTERNACIONAL DO PUNTO

15 setembro 2016

Imaxe orixinal de www.thedotclub.org

Hoxe celebramos o Día Internacional do Punto en compañía dos nosos compañeiros e compañeiras de terceiro de educación primaria. Para os que non o saibades, este día celébrase en moitos países do mundo, arredor do 15 de setembro, co propósito de incentivar e fomentar a creatividade nos nosos alumnos/as utilizando como punto de partida o libro "El punto" de Peter Reynolds.

En primeiro lugar, como todavía non temos internet na clase nin nos funciona o proxector (esperemos que nolo amañen axiña), fomos á aula de informática e alí vimos un video de Beatriz Quintero sobre o libro:


Unha vez alí, como somos muy pouquiños, repartímoslles a cada neno e nena dúas cuartas partes dun círculo para que decorasen como máis lles gustase. Unímolos todos e ....

OLLADE QUE PRECIOSIDADE!!!!!!!!!


E xa para rematar porque o tempo non nos deu para máis, decoramos esta ficha de ColAR MIX que atopamos na páxina de FableVision e que podedes descargar clicando na imaxe:
Imaxe de FableVision

E unha vez feito isto, coa tablet da profe, entramos na aplicación, enfocamos coa cámara e cando a nosa ficha se puxo azul.... OS PUNTOS COBRARON VIDAAAAAAAA! Quedámonos tod@s abraiad@s!



Por facelo tan ben, ademais da nosa ficha, levamos para casa un diploma acreditativo deste día.

Versión en castelán do atopado en FableVisión

NOVO CURSO 2016/17

13 setembro 2016

Imaxe de Parents

Estes dous días que levamos, estivemos coñecéndonos, consesuando entre todos as normas da clase, organizando a biblioteca de aula, decorando un pouco, ...pero para non facer a entrada demasiado extensa,  iremos amosándovos as cousiñas que fixemos pouco a pouco.

Comezaremos por ensinarvos uns banderíns moi chulos que fixemos para saber un pouquiño máis de cada un. A idea orixinal sacámola do blog The bomb-diggity classroom de Robin. Ollade que bonitos nos quedaron:


Aquí podedes velos con maior detalle:


E aquí tedes a plantilla que utilizamos:


Imaxe orixinal de Robin

Aproveito para desexarvos a tod@s que vos pasades por aquí ...

MOI FELIZ CURSO 2016/17!!!!!!!