COÑECENDO A ROSALÍA

25 febreiro 2016

Ao longo desta semana, nas  distintas clases, estivemos a facer actividades para coñecer á gran escritora galega, Rosalía de Castro, por mor da celebración do seu día onte 24 de febreiro.

Así, comezamos o luns no Obradoiro do Escritura Creativa, elaborando unha postal nun deseño alusivo ao este día que incluía unha estrofa de "Alborada" (da obra Cantares Gallegos) a instancias da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) e que o onte enviamos por correo ordinario ás nosas familias:



Na clase de galego, coñecimos a vida e obra desta escritora a través deste libro LIM elaborado polo equipo de Normalización Lingüística do CEIP Nosa Señora das Dores de Forcarei. Clicade na imaxe para acceder:



Tamén elaboramos un minilibro da súa biografía que atopamos no blog da biblioteca do CEIP Plurilingüe  Profesor Albino Núñez:


E xa para rematar, na clase de Plástica, fixemos unha rosa con goma eva para agasallar ás nosas familias (podedes ver as plantillas e as instruccións en TODO EN GOMA EVA)



Así de contentos, fomos todos para casa co noso libriño e a nosa flor:

GAÑAMOS UN PREMIOOOOOOOO!!!!!!

19 febreiro 2016


No pasado mes de decembro, fomos ao Museo do Humor, en Fene, para ver a exposición "Francisco Ibañez, o Mago do Humor". Dita exposición incluía 130 revistas publicadas desde os anos cincuenta ata a actualidade, vinte debuxos orixinais do autor e 250 elementos expositivos.

Alí aprendimos moitísimas cousas da súa biografía e tamén dos seus coñecidísimos personaxes: Mortadelo e Filemón, o Botones Sacarino, Rompetechos, Pepe Gotera, ...


Gustounos moitísimo!!!!!!

Ademais, na sala de video, vimos uns debuxos animados da primeira historia longa de Mortadelo e Filemón: "El sulfato atómico":


Antes de irnos, déronnos uns papeis por si queriamos participar no concurso : "Mortadelo e Filemón en Fenicia", un concurso que consistía en presentar unha composición plástica orixinal na que aparecesen Mortadelo e Filemón, nunha paisaxe recoñecible do Concello de Fene.

Como podía facerse un traballo en grupo, na clase de sexto, entre todos, inventamos e debuxamos un cómic sobre estes coñecidos personaxes. Ollade que ben nos quedou:



Pois ben, hoxe recibimos a agradable noticia de saber que o noso traballo foi premiado cun accésit . O vindeiro 16 de marzo, voltaremos ao Museo do Humor a recoller o Diploma que así o acredita.

Na páxina de FENE CIDADAN podedes consultar toda a lista de premiados.
A nosa noraboa para tod@s!!!!!

CINENSINO: "DIOS MÍO QUE TE HEMOS HECHO"

17 febreiro 2016



Este ano, os alumnos de quinto e sexto de educación primaria do cole, participamos no programa Cinensino, a través do Concello de Neda e o Concello de Fene.

"Cinensino é un programa de educación en valores para a prevención do consumo de alcol e outros trastornos aditivos e do comportamento no campo escolar a través dos meidos audiovisuais e as TIC.
O propósito deste programa é proporcionar principios, orientacións e ferramentas para o desenvolvemento integral da persoa, implementando actividades dirixidas á práctica de valores e ao desenvolvemento de habilidades sociais dentro da aula, no fogar e no ámbito social, coa finalidade de xenerar unha transformación progresiva nos valores, actitudes e comportamentos do alumnado que actúen como factores de protección fronte aos procesos aditivos".

Trátase de tres unidades didácticas para o curso escolar, unha por trimestre, baseadas e articuladas en función dunha película. Cada unidade componse dun "Manual do profesorado" e dun "Caderno do alumno" para traballar na clase en gran grupo. A diferencia doutros centros, temos a gran sorte que o visionado da película é no propio cole e que ademais podernos quedarnos con ela ata a seguinte sesión.

A primeira película que vimos  foi: "Dios mío, que te hemos hecho" a partir da cal, traballamos distintos valores tanto positivos como negativos: tolerancia, respecto, interculturabilidad, tradición, familia, racismo, prexuizos, ...

Aquí vos deixamos o "trailer" oficial da película:

1ª CHARLA PLAN DIRECTOR: NAVEGACIÓN SEGURA POR INTERNET

15 febreiro 2016


Un curso máis, solicitamos o Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos, que pon ao noso dispor a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Este Plan consiste en tres charlas informativas/formativas que se dan nos centros para alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria, impartidas por persoas expertas das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, sobre temáticas como; acoso escolar, drogas e alcol, violencia de xénero, novas tecnoloxías, ...

O mes pasado, tivemos a primera destas charlas, a cargo de José Antonio , da Comandancia de A Coruña, e tratou sobre os Riscos de Internet. José Antonio falounos dos riscos de navegar por internet sen a suficiente seguridade e tamén do coidado que temos que ter á hora de subir imaxes tanto as redes sociais como facebook, twitter, instagram como ao whatssap.

Para mostra, estes tres videos que vimos:

     



Ollade que atentos estabamos todos:


Para saber que temos que facer, neste video de PANTALLAS AMIGAS; están AS DEZ CLAVES PARA USAR INTERNET CON SEGURIDADE:


E podemos ver canto sabemos con este estupendo xogo. Clica na imaxe para acceder:

ENTROIDADAS

10 febreiro 2016

Un ano máis o profe Antonio, sorpredeunos con estas simpáticas Entroidadas utilizando as nosas fotos. Para que vos riades un pouquiño, aquí vos deixamos ...

- As de sexto:



- E tamén as de quinto:



A que estamos tod@s guapísim@s, non si?

CELEBRAMOS O ENTROIDO

O venres pasado celebramos a festa do Entroido no cole. Como xa vos dixemos en entradas anteriores, a temática deste ano foi: "A VOLTA AO MUNDO EN 80 DÍAS". Por iso, pola pasarela da Maciñeira pasaron rapaces e rapazas de distintos lugares do mundo:

 - Os de Educación Infantil de EXIPTO:






- Os de Primeiro de FRANCIA:




- Os de Segundo de  REINO UNIDO:




- Os de Terceiro de a INDIA:




- Os de Cuarto de XAPÓN:




- Os de Quinto de CHINA:





- E nós, os de Sexto de EEUU:




E por suposto, non podían faltar os protagonistas da Historia: Willy Fog (Phileas Foog na obra orixinal), Rigodón (Juan Picaporte), Rommy (Aouda) e o Inspector Dix (Inspector Fix):


Nin algunhas mamás acompañando aos seus fillos:





Despois do desfile e de recoller os diplomas á participación (un por clase), disfrutamos grazas á ANPA da degustación de ricas ORELLAS e ROSQUILLAS:


E xa para rematar, con moita mágoa, queimamos o noso MECO.