2021: UNHA ODISEA NA TERRA


O martes da semana pasada, a ANPA convidounos a asistir ao Pazo da Cultura de Narón para ver a obra de teatro: "2021: Unha odisea na terra", unha obra escrita e dirixida por José Luis Prieto e interpretada pola Escola de Teatro de Narón.

Durante preto dunha hora poidemos disfrutar dunha fantástica obra que  ten na contaminación o tema central, abordando tamén de xeito transversal a educación vial ensinándonos que temos que poñer casco ou como temos que tomar as rotondas entre outras cousiñas. Aquí vos deixamos unha sinopse da obra:

SINOPSE: No ano 2021, unha súbita contaminación masiva provocada por "OS OUTROS" fai que haxa que evacuar a toda a pobación terrestre a marte. Na Terra só quedan catro "ESCOLLIDOS" coa misión de investigar as causas de tal desastre ambiental e poder así salvar o Planeta.Durante esta importante misión, estos "Escollidos" terán  que enfrontarse a moitas situacións arriscadas.

Pasámolo moi ben.

btemplates