Hoxe damos por finalizado este curso escolar. Dende aquí quero desexarvos a todos un MOI FELIZ VERÁN!!!!!!
E que mellor xeito de despedirnos ata o próximo curso, que cun video coas das fotos da festa que tivemos o día 19 en colaboración coa ANPA:
Se non queredes esquecer todo o que aprendíchedes este curso, podedes practicar cos recursos que hai nas pestanas da esquerda do blog e tamén con estes que nos ofrece a Xunta de Castela e León:
Para que toda a comunidade escolar poidese ver as nosas obras sobre Van Gogh, expuxémolas todas no corredor principal do cole. Ollade que bonito estaba:
GÚSTAVOS?
Ademais coloreamos un autorretrato do Pintor para facer a portada do noso proxecto. E así é como nos quedou finalmente:
Unha das últimas tarefas que fixemos antes de rematar o curso, foi ilustrar e recitar unhas preciosas poesías de Marisa Alonso, autora do blog POESÍA INFANTIL.
Cada un elexiu o poema que quixo, escribiuno nun folio, debuxouno e para rematar recitouno. Ollade, ollade, ...
Algúns opinan que o derradeiro cadro que pintou Van Gogh antes de morrer foi: "CAMPO DE TRIGO CON CUERVOS" así que quixemos finalizar o noso proxecto representando o mesmo cadro.
Para que nos fose máis doado pintalo, utilizamos este titorial que atopamos na red:
Utilizamos ceras brandas, duras, rotuladores, ... e así nos quedaron :
No noso libro de lingua castelá, ven unha lectura sobre Don Quixote e Sancho Panza que se titula "Un leal escudero" que é un fragmento do Capítulo X da Primeira Parte do Quixote..
Comezamos léndoa entre todos en voz alta e unha vez que rematamos aproveitamos para falar da SOLIDARIEDADE, do importante que é axudar aos demais sen esperar nada a cambio e pedir axuda cando a necesitemos. Falamos das cousas que podiamos facer nós para ser solidarios como consolar aos nosos amig@s e compañeir@s cando están tristes ou se fan dano, donar os nosos xoguetes de cando eramos máis pequenos e a roupa que xa non nos serve as persoas necesitadas, deixando o asento do autobús ás persoas maiores, axudando nas tarefas de casa,... Tamén de se algunha vez alguén precisou a nosa axuda e de como fixemos para axudar.
A continuación comentamos a lectura. Describimos brevemente a Don Quixote (alto, delgado, loiro) e a Sancho Panza (baixo, gordo e moreno), falamos dos amigos que eran os dous e de que por iso se axudaban en todas as situacións ás que se enfrontaban a pesar de que ás veces os resultados non eran os esperados e tamén de que ainda que tivesen puntos de vista diferentes, isto non constituía un obstáculo para a lealtade mutua e a amizade. Buscamos información sobre outros episodíos do Quixote onde un dos personaxes axudaba ao outro e descubrimos que isto sucedía en case todos.
Aproveitamos a lectura para facer distintas actividades entre elas aprender a RESUMIR. Así que fixemos un pequeno resumo do que acabábamos de ler e o ilustramos cun debuxo alusivo:
Continuando co noso proxecto do Quixote e tamén co de Van Gogh, mesturamos os dous proxectos facendo a nosa cuarta obra de arte: " NOITE ESTRELADA E DON QUIXOTE":
A principios de mes, tivemos a terceira e última charla do Plan Director. Nesta ocasión, Jesús falounos das drogas, tanto das permitidas como o alcohol ou o tabaco como das prohibidas como a marihuana.
Comenzounos falando do tabaco e das consecuencias que podía ter para o noso organismo o seu consumo. Primeiro ensinounos esta imaxe onde podiamos ver algúns dos componentes dun cigarro e comentamos algún deles:
A continuación vimos un experimento no que uns alumnos de 1º de Bachiller do IES Nuestra Señora de la Consolación en Madrid, extraían todo o alquitrán contido nun cartón de tabaco. Quedamos abraiados cos resultados!!!!!! Aquí volo deixamos:
Despois tocoulle o turno ao consumo de alcohol Vimos algunhas imaxes nas que se podían ver algunhas das consecuencias de inxerir bebidas alcohólicas: xente en coma etílico, accidentes de tráfico, ....
E xa para rematar, Jesus falounos das drogas prohibidas como a marihuana e o hachís: das consecuencias para o organismo;das penas por delitos de tráfico, consumo e/ou elaboración, ...
Aprendimos moitísimas cousas sobre o tema. Ollade que atentos estabamos: