3 comments

APADRIÑAMENTO LECTOR 3 E 4 ANOS

Se hai uns días amosábamosvos as fotos do noso apadriñamento lector aos nenos da clase de 4 e 5 anos da profe Pili na biblioteca, hoxe queremos amosarvos as fotos do apadriñamento lector que fixemos nas clase dos nenos de 3 e 4 anos da  profe Victoria.

Todos os da clase de 5º , incluído Íker, ao que conseguimos convencer ;), leronlle un contiño ou dous ao seu "afillado":


E tamén algúns dos nosos compañeiros de 6º:


Collages feitos con FOTOCOLLAGE

Non sei quen disfrutaría máis se os peques ou nós. Vos que credes?

0 comments

MERCADILLO DE LIBROS


Continuando coa celebración do libro, o venres a última hora fixemos un MERCADILLO DE LIBROS. Para iso, montáronse no corredor central do cole catro mesas, unha por cada ciclo, identificadas con distinto cor: azul, vermello, verde e amarelo.

Ao longo deste mes, os alumnos que quixeron, trouxeron da súa casa un ou dous libros polos que recibiron uns vales para poder canxealos por outros libros este día. 

Ollade que éxito tivo:

 
http://www.photosnack.com/FF9F9697C6F/mercadillo-de-libros.html

Presentación feita con PhotoSnack

0 comments

ASÍ CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO

Imaxe de Pilar Argés

Con motivo da celebración do día do Libro, ao longo deste mes, cada clase estivo preparando cos seus alumnos/as unhas LENDAS. Con elas adornouse o corredor central do cole:



Así nos quedaron as nosas:


E despois do recreo fixemos un programa especial de radio, presentado por Lucas de 4º e Celtia de 3º no que se leron tres lendas ou novas de cada clase. Queredes escoitalo? Aquí volo deixamos para que o poidades disfrutar:

Ademais na nosa clase fixemose ilustramos  un libro con algúns dos  "DICHOS Y REFRANES" que podemos atopar no libro do QUIXOTE e que vos amosaremos noutra entrada e mañá teremos a última hora un MERCADILLO DE LIBROS no que poderemos trocar os libros que trouxemos por outros dos nosos compañeiros.

MOI FELIZ DÍA DO LIBRO!!!!!!

0 comments

22 DE ABRIL: E EU, QUE PODO FACER POLA TERRA?


Todos os anos o 22 de abril celébrase o Día da Terra para lembrarnos que temos que coidar o noso Planeta, e o mellor xeito de coidalo é manténdoo ben limpo.
Como mantemos limpa a Terra? É moi doado, só temos que seguir a regra dos 3Rs: "reducir,reutilizar e reciclar"
  • Reducir significa utilizar menos, por exemplo utilizar menos auga.
  •  Reutilizar significa utilizar outra vez en vez de tirar ao lixo. Por exemplo podemos reutilizar papel, cristal, roupa, caixas de cartón,...
  •  Reciclar significa construír algo novo a partir de algo vello. Podemos axudar á Terra reciclando papel, cristal, plástico, metais,...
É moi importante que coidemos moito o noso Planeta, pero non só hoxe senón todos os días do ano. Se todos poñemos algo da nosa parte,  poderemos facer da Terra UN MUNDO MELLOR PARA TOD@S.

Para telo sempre presente fixemos esta actividade:
  1. Cada un pintou un círculo feito nun filtro de café con rotulador verde e azul.

      2.   Despois, botámoslle auga por riba e puxémolo a secar.


     3.  Continuamos pintando unha cartolina negra con pintura branca que esparcimos cun cepillo de dentes e a axuda dun paíño.


    4.  Seguimos escribindo todas aquelas cousiñas que podiamos facer nós para axudar a Terra. Aquí saíron cousas como:

       - Reutilizar caixas de cartón para xoguetes.
       - Reciclar o papel, o cristal, plástico,...
       - Botar o lixo no contenedor corresponde.
       - Aforrar auga bañándonos en lugar de duchándonos, pechando a billa cando nos cepillamos os dentes, ...
       - Aforrar electricidade apagando as luces cando saímos dunha habitación, desenchufando os electrodomésticos,...
       - Non contaminando nin tirando lixo ao chan, os ríos, mares, bosques,...
       - Utilizar o transporte público, ...

   5. Para finalizar montamos todo e ...



0 comments

AS NOSAS CREACIÓNS DESTE CURSO

Así está o estante coas nosas creacións deste curso. Todavía nos queda a última balda baleira. Seremos quen de enchela antes de que remate o trimestre?



Pasade o rato polos libros e clicade no icono de reproducir no traballo que querades ver.

2 comments

AUTORRETRATÁMONOS COMO VAN GOGH


Continuando co noso proxecto de Van Gogh, como xa vos dixemos noutra entrada anterior, ademais de coñecer a súa vida estamos a coñecer a súa obra. Comezamos cos seus AUTORRETRATOS. Sabiades que Van Gogh pintou 27 autorretratos? Si, si como o ledes. Ninguén sabe realmente cal deles é o máis parecido á realidade por iso é coñecido como "o pintor das mil caras".
Comezamos vendo este video de Philip Scott Johnson no que podemos apreciar os distintos cambios na fisonomía do pintor:

   

 E a continuación centrámonos nestes dez autorretratos para poder apreciar ben o seu xeito de pintar: as cores que utilizaba como amarelo, laranxa ,marrón,  azul ou verde e tamén os seus trazos enérxicos con liñas  curtas ben marcadas e/ou remuíños:


E para rematar, fixemos o noso AUTORRETRATO AO ESTILO VAN GOGH. Collimos unha foto nosa en branco e negro e a "tuneamos" pintándoa con ceras duras e brandas. Ollade que ben nos quedaron:





QUE VOS PARECEN?

Se tedes curiosidade, podedes ver os autorretratos que se fixo Van Gogh clasificados por data, clicando na imaxe de abaixo:


6 comments

APADRIÑAMENTO LECTOR: 4/5 ANOS


Neste terceiro e último trimestre imos apadriñar aos nenos e nenas máis pequenos do cole. O venres pasado, comezamos cos pequerrechos da aula de catro e cinco anos da profe Pili.

Xunto cos nosos compañeiros de sexto fomos á biblioteca e alí cada un de nós lles leu aos seus afillados lectores:



Foi unha gran experiencia para todos, peques e maiores.

2 comments

BRINCALETRAS DO LIBRO: "VAN GOGH:LOS SENTIMIENTOS DE UN GRAN ARTISTA"

Lembrades o libro de Van Gogh que lemos o venres? Aquí vos deixo este xogo de preguntas. Clicade na imaxe para comezar:


2 comments

PARTICIPAMOS NO PROXECTO COLABORATIVO VAN GOGH 2015


Neste terceiro trimestre, co motivo do 125 aniversario da súa morte, participamos no proxecto colaborativo Van Gogh, coodinado por Vanessa Marín, aproveitando as clases de plástica para coñecer a vida e obra deste gran pintor holandés.

Comezamos lendo este sinxelo  libro: Van Gogh, os sentimentos dun gran artista, escrito por Violeta Montreal e editado por Oxford Educación, co que aprendimos ademais de como se sentía, algunhas datas e acontecementos importantes da súa vida.

Por se alguén non o coñece, aquí volo deixamos.:



E xa que estabamos a coñecelo, analizamos algunhas das súas obras, concretamente os seus AUTORRETRATOS. Pero diso ... falaremos máis adiante.

0 comments

NÓS LEMOS, E TI?


Con ocasión da celebración do DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL,  queremos recomendarvos a lectura destes libros en galego que a nós gustáronnos moito: