EXPOSICIÓN E CONCURSO DE CABAZAS
Ao longo da semana previa á celebración do Samaín, fomos levando ao cole, cabazas decoradas da casa coas que se fixo unha exposición. Ollade que bonitas quedaron todas:
Hai que ver canta creatividade !!!!!!
Foi moi difícil elexir as tres cabazas gañadoras pois todas eran moi orixinais e estaban moi traballadas. Así que tras unha longa deliberación por parte dos mestres e mestras, as tres cabazas gañadoras foron:
1º CABAZA-CEMITERIO de Alba de 3º de Primaria.
2º CABAZA-CASA CORDOBESA de Antía de 2º de Primaria
3º CABAZA- TRABALLADORA de Blanca de 5º de Primaria.
NORABOA ÁS TRES !
Así posan de fachendosas cos seus premios (consistentes nun vale para mercar un libro nunha librería) e as súas cabazas e na foto de abaixo coa teacher Uxía que foi a encargada de presentar o acto de entrega:
GRACIÑAS A TOD@S POLA VOSA PARTICIPACIÓN!!!!!!!
0 comments:
Publicar un comentario