CONTANDO EN FEMININO


Onte fomos á Casa da Cultura de Neda para ver unha sesión de contacontos de Ana Hermida da asociación LISÍSTRATA titulada "CONTANDO EN FEMININO: CONTOS PARA A IGUALDADE". Esta actividade está enmarcada dentro do programa  LER CONTA MOITO da Consellería de Cultura co que se pretende fomentar o gusto pola lectura en pequenos e non tan pequenos.


Durante preto dunha hora, Ana contounos tres contos, dous deles de Adela Turín, "A HISTORIA DOS BONOBOS CON LENTES" e "ARTUR E CLEMENTINA" e un terceiro, "A PRINCESA QUE NON QUERÍA CASAR" do que non sabemos o autor. Con eles, tal e como nos din na súa páxina, "trátase de concienciar ao público máis novo para que rol feminino sexa, non o tradicional nos contos, senón algo igualitario. Contos onde se pode cambiar o final e tamén onde o protagonista non se vexa como algo inferior e sempre coas mesmas identidades xa que xogando e contando, apréndese a formar en igualdade". 

Seguriño que moitos de vós xa coñecedes os contos de Adela Turín pero aquí volos deixamos por si queredes lembralos:





Unha vez que voltamos ao cole, cada un de nós pensamos en cal foi o conto que máis nos gustou e por que e tamén o que aprendimos coa saída e escribímolo nunha folla de papel. Aquí vos deixamos o que escribimos:
- ÍKER: Gustoume o conto de "Artur e Clementina". Este conto trata de dúas tartarugas que se casan. Unha delas, Clementina quería aprender cousas e ver o mundo pero a outra tartaruga, Artur,  a insultaba e non lle deixaba saír da casa. Ao final,  Clementina foise para coñecer novos amigos e novos lugares. Para min, este conto nos ensina que non debemos insultar á xente nin deixar que nos insulten a nós.

- BORJA: A min gustoume máis "Un conto ao revés". Trata dunha princesa que non quere casar. Unha mañá apareceulle na porta unha montaña de príncipes e como non quería casar lles puxo unhas probas que ninguén superou.  E a princesa non casou. Con este conto aprendín que os principes ao igual cas princesas tamén, choran, teñen medo, son presumidos, etc e que unhas princesas se casan e outras non pero son felices igual.

- YANIRA:  A min  gustoume máis "Un conto ao revés" porque fala dunha princesa á que os seus pais querían casar. Por iso un día invitaron a moreas de príncipes a ver á princesa. Ela dilles que lles vai facer unha proba e todos vanse menos cinco que dilleron que ían facela. Todos os príncipes foron perdendo as súas probas, pero o último ao final resultou que pensaba igual ca princesa e se fixeron moi amigos. Nesta saída aprendín que non debemos insultar nin pegar e tamén que ser presumido e guapo non quere dicir que se sexa boa persoa.

- MANU: Gustoume "Un conto ao revés" porque falaba dunha princesa que non quería casar pero os seus pais lle mandaban facelo. Buscaronlle moitos príncipes. Uns eran miedosos, outros moi valentes, algúns presumidos outros bailaríns. A princesa púxolles unha proba a cada un e todos foron renunciando. Soamente o máis pequeno, o Esmirriado, dixo na metade da proba o que pensaba e fíxose amigo da princesa. Ao final os seus pais entenderon que a súa filla non tiña porque casar se non quería. Eu aprendín que non debemos maltratar á xente porque tampouco nos gustaría que nolo fixesen a nós.

- ESTELA: Eu quédome con "Artur e Clementina". Gustoume porque era a historia dunha tartaruga que se aburría moito na casa porque sempre estaba soa e o seu home non a deixabar saír nin aprender cousas novas. Un día saíu e empezou a facer moitos amigos. Ao ver que se divertía tanto decidiu fuxir para poder disfrutar da vida e olvidar os insultos do seu home. Con este conto e os demais, aprendín que todos somos iguais e temos os mesmos dereitos e que non debemos maltratar a ningúen nin con insultos nin con golpes.

- SARA MONTAGUT: A min a que máis me gustou foi  "A historia dos Bonobos con Lentes" porque nos ensina que as tarefas son tanto para homes como para mulleres. O conto trata duns bonobos que se fartaron de non facer nada e un día marchan a Irlanda a aprender inglés. Cando voltan lles ensinan inglés aos demais bonobos e lles regalan uns lentes pero ás bonobas ainda que tamén querían aprender, non lles ensinaban nin lles regalaban os lentes. As Bonobas enfadadas marchande alí cos bonobos pequeniños e son moi felices. Os bonobos están tristes e famentos porque non saben facer nanda, nin siquera buscar comida.

- SERGIO SOSA: O conto que máis me gustou foi "Artur e Clementina" porque nos ensina que as mulleres poden facer o mesmo que os homes. E da saída aprendín que non se maltrata as persoas e que todas as persoan teñen dereito a facer o mesmo cas outras sin importar o seu xénero.

- LAURA: Gustoume "A historia dos Bonobos con Lentes" porque trataba dun grupo de bonobos que se van a aprender inglés. Cando voltaron llo ensinaron a todos os bonobos. As bonobas tamén querían falar inglés pero os bonobos non quixeron ensinarlles e inventaron moitas excusas. Ao final provocaron que as bonobas e os bonobiños marcharan. Os bonobos decidiron ir con elas e axudalas.

- SARA FERNÁNDEZ: Hoxe fomos de excursión e nos contaron tres contos. O que máis me gustou foi "A historia dos Bonobos con Lentes" porque demostraba que todos somos iguais e que non só deben traballar a mulleres ou os homes e tamén que todos temos dereito a aprender o mesmo.

btemplates

2 comments:

berbatik dixo...

Un tema muy interesante para hablar con los peques, la importancia del respeto y la igualdad independientemente del sexo.
Buen comienzo de curso

Blanca Lafarga dixo...

Un buen trabajo. Gracias por compartir.
Feliz fin de semana.