A SOLIDARIEDADE EN DON QUIXOTE


No noso libro de lingua castelá, ven  unha lectura sobre Don Quixote e Sancho Panza que se titula  "Un leal escudero" que é un fragmento do Capítulo X da Primeira Parte do Quixote..

Comezamos léndoa entre todos en voz alta e unha vez que rematamos aproveitamos para falar da SOLIDARIEDADE,  do importante que é axudar aos demais sen esperar nada a cambio e  pedir axuda cando a necesitemos. Falamos das cousas que podiamos facer nós para ser solidarios como consolar aos nosos amig@s e compañeir@s cando están tristes ou se fan dano, donar os nosos xoguetes de cando eramos máis pequenos e a roupa que xa non nos serve as persoas necesitadas, deixando o asento do autobús ás persoas maiores, axudando nas tarefas de casa,... Tamén de se algunha vez alguén precisou a nosa axuda e de como fixemos para axudar.

A continuación comentamos a lectura. Describimos brevemente a Don Quixote (alto, delgado, loiro) e a Sancho Panza (baixo, gordo e moreno), falamos dos amigos que eran os dous e de que por iso se axudaban en todas as situacións ás que se enfrontaban a pesar de que ás veces os resultados non eran os esperados e tamén de que ainda que tivesen puntos de vista diferentes, isto non constituía un obstáculo para a lealtade mutua e a amizade. Buscamos  información sobre outros episodíos do Quixote onde un dos personaxes axudaba ao outro e descubrimos que isto sucedía en case todos.

Aproveitamos a lectura para facer distintas actividades entre elas aprender a RESUMIR. Así que fixemos un pequeno resumo do que acabábamos de ler e o ilustramos cun debuxo alusivo:

btemplates