ESCRITURA BÓLA DE NEVE DE NADAL
A nosa terceira colaboración para o proxecto " PaLaBraS AzuLeS ", foi escribir unha historia colectiva relacionada co Nadal. Trátase dun xeito divertido de que os nosos estudiantes escriban colaborativamente.
1º) Repartimos a cada alumn@ unha ficha cunha imaxe de Nadal diferente. Deben observar a fotografía e pensar unha historia que lles suxira. Lembramos que hai que pensar nos personaxes, o escenario, os conflictos que poidan xurdir,... Este primeiro escritor é o encargado de poñer en marcha a historia. Deixamos aproximadamente quince minutos para esta fase.
2º) A continuación cada estudante engurra a súa ficha como se fose unha bóla de neve e lánzaa á parte dianteira da clase. Todos se levantan e cada un colle unha bola de neve que non sexa a súa regresando ao seu pupitre.
3º) Alisan con coidado o papel, observan a imaxe e len o escrito ata agora. Este segundo escritor durante outros quince minutos, debe continuar a historia onde a deixou o primeiro engadido máis información sobre o personaxe, introducindo novos personaxes, novos conflictos,...
5º) Para finalizar, devólvese ao escritor orixinal para que a revise e adapte, é dicir para que "a faga súa" e a "pase a limpo" ilustrándoa se quere. Cando estea lista pode lela ao resto dos seus compañeiros.
Estas son as plantillas que utilizamos nós:
Etiquetas CURSO 2014/2015, ESCRITURA CREATIVA, NADAL, NAVIDAD, PROXECTO PALABRAS AZULES
Bo Nadal!
Con esta tarxeta queremos desexarvos a todos e todas que visitades este blogue un Bo Nadal no que disfrutedes da compaña de familiares e amigos.
Etiquetas CURSO 2014/15, NADAL, NAVIDAD, PLÁSTICA
A NOSA ÁRBORE DE NADAL
Levamos dende outubro xuntando e pintando de verde, cartóns de papel hixiénico, papel de cociña, papel albal, ...... coa axuda de outros nenos do cole, para poder preparar unha árbore de Nadal que decore a entrada principal. Ainda que todavía lle faltan por poñer algunha que outra estreliña, por fin vola podemos amosar:
Etiquetas CURSO 2014/15, MANUALIDADES, NADAL, NAVIDAD, PLÁSTICA
FACEMOS ESTRELIÑAS DE NADAL
Ollade que bonitas quedaron outras dúas das nosas ventás, con estas estreliñas que fixemos con papel de seda:
Etiquetas CURSO 2014/15, MANUALIDADES, NADAL, NAVIDAD, PLÁSTICA
Concurso: "Os nosos portos"
Participamos no concurso de debuxo infantil "Os nosos portos" que puxo en marcha a Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao para alumnos de quinto e sexto de Educación Primaria da zona de Ferrolterra, Eume, Ortegal e A Mariña, co fin de achegar as súas actividades aos máis xóvenes e implicar aos alumnos a través dos centros docentes.
Etiquetas CONCURSOS, CURSO 2014/15, PLÁSTICA, PORTOS
ADORNAMOS AlGUNHAS VENTÁS CON FLORES DE PASCUA
Continuamos adornando a nosa clase con cousiñas de Nadal. Este venres na clase de plástica, tocoulle o turno a dúas das ventás . Para que quedasen ben bonitas, fixemos unhas árbores simétricas de Nadal en distintos tonos de verde e unhas fermosas flores de Pascua que vimos na páxina de Origami-club.com.
Etiquetas CURSO 2014/15, NADAL, NAVIDAD, PLÁSTICA
3 de decembro: XORNADA DE CONVIVENCIA
GÚSTAVOS?
COMEZA O MES DE NADAL
Esta semana comezamos xa o mes de Nadal. Na nosa clase empezamos a traballar pouquiño a pouco este tema.
Comezamos poñendo na porta a conta atrás dos días que nos faltan para que chegue o día de Nadal:
BOAS LECTURAS PARA TOD@S!
Etiquetas BIBLIOTECA, CURSO 2014/15, NADAL, NAVIDAD
FOTOS DA CELEBRACIÓN DO MAGOSTO
Etiquetas CURSO 2014/15, MAGOSTO, OUTONO
RESUMO DO PASO DE PEPA POR GALICIA
Este é o video resumo do paso de Pepa polo noso cole e a nosa Comunidade:
PEPA E O GRAN LIBRO VIAXEIRO - DÍA 5: Adeus Galicia!
Antes de irme, me tenían una gran sorpresa. Como aquí hace mucho frío me han regalado... ¡UNA BUFANDA! Muchísimas gracias chic@s me ha hecho mucha ilusión. Mirad que bien me queda:
Aquí os dejo su aportación al Gran Libro Viajero para que veáis lo bien que lo han hecho:
- La página de su comunidad:
Y para terminar la foto de grupo que nos quitamos todos juntos: